HISTORIA

A Agrupación Musical de Goián comeza, en xaneiro do ano 1994 como unha actividade extraescolar da Asociación de pais de alumnos do Colexio C.E.I.P. pintor Antonio Fernández de Goián a impartirse clases de música. Dada a cantidade de nenos inscritos nesta actividade, deciciuse formar unha banda de música.

         No mes de xuño de 1996 compráronse os primeiros instrumentos, pagados polos pais agás duas tubas que foron subvencionadas polo Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Goián.

         Presentase o público na praza da igrexa de Goián o 27 de xuño de 1998 sendo apadriñada pola Agrupación Musical de O Rosal e a Banda Xuvenil de Chapela.

                   No mes de Agosto do ano 2000 participa non intercambio coa banda de música de Santa Cecilia de Foios (Valencia), que nos devolven a visita no ano 2001.

         En setembro do ano 2000 participa no 3º Festival internacional de Música dos Templarios en Tomar ( Portugal ).

         Participou por duas veces no programa da TVG, Galicia Enteira.

         Participou no 1ª,2º,3º,4º e 6º Certame Provincial da Deputación de Pontevedra, sendo a banda mais nova no primer Certame. Acada o SEGUNDO PREMIO no 3º Certame. PRIMEIRO PREMIO E MENCIÓN DE HONRA no 4º Certame, celebrado en outubro do ano 2004. e PRIMER PREMIO E MENCIÓN DE HONRA NO 6º CERTAME, celebrado en outubro de 2006.

         Grava o primeiro C.D. en abril do ano 2003.

         No mes de Xullo de 2005 acude a San Martin de La Vega ( Madrid ) para un intercambio coa banda desa localidade, que nos devolve a visita en setembro dese mesmo ano.