Dende os seus comezos, a Agrupación
Musical de Goián, foi gañando
prestixio no ámbito musical da
xeografía galega.
- No ano 2001, presontouse o
primeiro certame provincial de bandas
de música da diputación de Pontevedra,
sendo a banda mais nova.
- No ano 2003, acada o segundo
premio no III certame provincial de
bandas de música de Pontevedra,
interpretando como obra obrigada "Cabaleiros
de Santiago" de Xose Luís Represas
Carrera e como obra libre
"Divertimento for band" de Vicent
Persichetti.
- No ano 2004, a Agrupación
Musical de Goián volve presentarse a
dito certame, acadando o primeiro
premio e mención de honra.
Interpretando como obra obrigada
"Suite Galaica" de Xavier Comesaña
e como obra libre "Sinfonia para
banda nº 6" de Vicent Persichetti.
- No 2006, consolidándose no
panorama bandístico, a Agrupación
Musical de Goián, obtén o primeiro
premio e mención de honra.
Interpretando como obra obrigada "Andaina"
de Delfín Álvarez e como obra
libre "Diversions" de Philip Sparke.
Ademais, en dita edición do
certame, o seu director, Juan
Carlos Díaz Álvarez, acada o
premio ó mellor director.
- No ano 2009, a Agrupación
Musical de Goián, obtén o primeiro
premio no "2º concurso zonal" (zona sur) organizado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra.
Interpretando as obras: "Gaudila"
de Andrés Álvarez e "Lord Tullamore" de Carl Wittrock.
- No ano 2009, a Agrupación
Musical de Goián, obtén o terceiro
premio no IX certame provincial de
bandas de música de Pontevedra organizado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra.
Interpretando como pasodobre de presentación: "Pablo Barreiro" de Xosé Luis Represas e as obras: "Esbozos sinfónicos"
de X. Carlos Seráns e "Theatre music" de Philip Sparke.
