PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Noelia Carrera Carrera

Natural de Tomiño, comeza os seus estudios no ano 1997 en Goián (na escola de música) coa profesora Dña. Mª. Inés Vicente Pereira.                     .

No ano 2002 comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Tui co profesor D.Esteban Alonso Ubiña, onde na actualidade continua os seus estudos no 6º curso  de Grao Medio.

Compaxina os seus estudos musicais coa colaboración en distintas bandas da zona do Baixo Miño .

O longo destes anos realizou cursos con diferentes profesores como: Dña. Mº Ángeles Galán Estacio (1999), D. Carles Riera (2000), D. Walter Boeykens (2004), D. Vicent Alberola (2005).

Tamén realizou concertos como solista en: 1º Encontro de Xoves Instrumentistas, Valença (Portugal) (2005), Solista coa Orquesta de Corda de Pontevedra “Lira”no Teatro Principal (2005), Concerto, Xornadas Musicais na Biblioteca Municipal de Valença (Portugal) (2005), III Ciclo de concertos do Claustro Gótico s. I Catedral de Tui (2007).