David Pérez Trigo
Nace
en Moaña no ano 1985. Comeza os seus estudios musicais á idade de 8 anos da man de Manuel Martínez. Continuou os seus estudios no Conservatorio de Música do Morrazo co mestre Antonio Budiño Durán e posteriormente no Conservatorio Profesional de Música de Vigo con Esteban Valverde Corrales onde obtén o título de profesor de clarinete.
Como clarinetista realizou numerosos cursos de perfeccionamento con mestres como Vicente Alberola, Walter Boykens, Radovan Cavallin, Jakub Bokun, Justo Sanz, Hedwing Swimberghe e Dominique Vidal e asistiu a clases cos mestres Jesé Puyana, Rubán Collarte, Felipe González e Asterio Leiva. É membro das bandas "Airiños do Morrazo" de Moaña, onde exerceu a labor de subdirector ata o ano 2005, "Bellas Artes" de Cangas na cal impartiu clases ata o mesmo ano, "Banda de música de Pontevedra", "Banda Filharmónica de Galicia", "Banda sinfónica da F. G. B. M. P." e do coro de cámara "Camerata Ad Libitum". Así mesmo é membro fundador da "Orquestra de Jazz do Morrazo" e do cuartero "Quórum Klar".
No ámbito da dirección de banda, orquestra e conxunto instrumental recibe clases dos mestres Alfredo Sánchez e javier Viceiro, así como cursos e masterclass da man de directores como Jan van der Roost, Jose Pascual-Villaplana, Francisco Navarro Lara, Jan Cover e Marcel van Bree, co cal realizou o 1º seminario de dirección de orquestra e banda do concello de Arbo. Respecto á dirección coral recibiu clases dos mestres Javier Busto e Xavi Pastrana entre outros.
Colaborou como director coa banda "Airiños do Morrazo" de Moaña, "Banda xuvenil Bellas Artes" de Cangas e a coral do "Centro Social" de Tui. Actualmente é profesor na "Escola de Música" da banda "Atlántida de Matamá" e da "Escola de música" da banda "Artística" de Arcade, labor que compaxina cos estudos superiores de clarinete co mestre Francisco Pérez Rodríguez.