PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Patricia Román González

patriNace en Vigo no ano 1981. Comeza os seus estudos musicais de frauta traveseira no seo da "Banda de música Xuvenil " de Chapela os nove anos de idade. Posteriormente ingresa no conservatorio superior de música de Vigo para ampliar os seus estudos musicais co profesor Fernando Raña.

Realiza diversos cursos de perfeccionamento con mestres tan prestixiosos como Magdalena Martínez, Robert Winn, Fernándo Raña, Hérve Hotier...

Dende o ano 2008 é licenciada na especialidade de frauta traveseiro polo conservatorio superior de música de Vigo.

Como especialista de frauta destacan diversas colaboracións en orquestras como a "Real Filharmonía de Galicia" baixo a dirección de Antoni Ross Marbá tocando como frauta segunda e frautín en pezas tan importantes como "Daphinis e Chloe" e "Rapsodia española" de Maurice Ravel. Destaca tamen a colaboración coa "Orquestra sinfónica de Gijón", "Sinfonieta de Vigo", "orquestra de cámara Ensemble 403º", "Orquestra do círculo mercantil de Vigo"... Podemos resaltar ademáis a labor camerística feita ó longo de todos estes anos en distintos auditorios con piano, guitarra ou quinteto de vento.

No terreo bandístico cabe destacar a colaboración no quinteto solista do "I Encontro de Bandas dos Conservatorios profesionais de música de Galicia" baixo a dirección de Jan Cober, ademáis de participar no curso de dirección 2006/2007 como instrumentísta baixo a batuta de Jan van der Roost. Dende marzo de 2009 é membro da "Banda de música de Pontevedra". Ademáis colabora asiduamente con outras bandas de ámbito popular de toda a xeografía galega.

Dende o ano 2007 pertence a "Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia" donde recible clases do mestre Blaiteau (especialista en frauta traveseira), Esther Viúdez, Juan Carlos Otero (música de cámara), ademáis de colaborar nos diversos encontros orquestrais organizados polo EAEM baixo a dirección de Jordi Mora, David Tomás ou Máximino Zumalave.

No terreo pedagóxico cabe destacar a obtención da diplomatura de Mestre en educación musical pola Universidade de Vigo no ano 2003. Realiza diversos cursos de perfeccionamento en educación musical con mestres como Susa Herrera, Jos Wytak, Emilio Molina, Luis Costa... No seu quefacer ten tres publicacións relacionadas coa pedagoxía musical para escolares.

Actualmente é profesora de frauta, música e movemento e linguaxe musical en diversas escolas de música da provincia de Pontevedra, labor que compaxina co remate dos seus estudos da licenciatura de "Historia e ciencias da música" pola universidade de La Rioja.