PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Bruno Díaz González

brunoNatal de Viveiro, comeza a súa andaina no eido da música a idade de seis anos, no antigo Colexio de Primaria Pastor Díaz, onde estuda co mestre Manuel Rodríguez González, sendo participe do coro de dito centro na sección de percusión. O gusto pola música que acada nesta etapa é o principal motivo para o seu ingreso, con dez anos, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, na especialidade de Gaita Galega e posteriormente con trece na especialidade de Trompeta.


Coma trompetista, foi compoñente da Banda Municipal de Música de Viveiro, onde gravará o primeiro disco da banda ademáis de realizar un intercambio cultural con La Habana (Cuba). Membro do quinteto de metáis, composto por integrantes da mesma, así como partícipe da Banda Sinfónica Rías Altas durante seis anos consecutivos, tamén da Orquestra de Cámara de Xove, onde acode ós respectivos cursiños de repertorio orquestral.


En canto á Gaita Galega, pertence á asociación cultural Bágoas da Terra, formando parte do grupo folk e do cuarteto de música tradicional, sendo con este último co que acada a posibilidade de interpretar música galega pola distinta xeografía nacional: Ibiza, Zaragoza, Sevilla, Asturias así coma en Lanion (Francia) ou Ruoti (Italia).


Á idade de dezanove anos, trasladarase a Ferrol, onde obtén os títulos de grao medio de ambas titulacións, polo plan Logse, cos mestres Gonzalo Sánchez e Marcos Galán. Nesta etapa, colabora nos distintos concertos didácticos feitos polo Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, así coma nos intercambios con conservatorios de Segovia, Benidorm e Salamanca, sendo este último onde participa como gaiteiro solista. Comparte estes estudos coa docencia na Escola Municipal de As Lagoas en Mugardos.


No ámbito coral, realiza unha xira por: Ourense, Santiago e Vigo, como integrante do Collegium Compostellanum, baixo a batuta de Maximino Zumalave. Posteriormente pasa a formar parte da corda de baixos do Coro Novo como antesala do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, onde actuará baixo a batuta de mestres coma: Fernando López Briones, Joan Company ou Víctor Pablo Pérez. Ten a posibilidade de abarcar repertorio a capella, sinfónico e operístico (Cosí fan tutte, W.A.Mozart), así coma de recibir clases da soprano Manuela Soto.


O seu interese por un coñecemento global da música, propicia o seu ingreso no Conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de Musicoloxía, onde obterá a primeira praza.

Ó marxe da actividade academica realiza diversos cursiños de perfeccionamento: “Curso de Técnica e Interpretación de Trompeta”, Ferrol 2003 e 2004 por José María Ortí Soriano, “Curso Internacional de Música”, especialidade de Trompeta, Ferrol 2005 por Maurice André, “Curso Internacional Mariano Puig: Técnicas, Perfeccionamiento e Interpretación de Trompeta”, Torrent 2006, 2007 e 2008 por José María Ortí Soriano, “Curso de Análise e Comentario Analítico”, Ferrol 2006 e 2007 por Ermitas García, “Curso de Fabricación de Instrumentos de Sopro”, Ferrol 2008 por Pablo Carpintero, “VII Congreso de Musicología de la Sociedad Española de Musicología” Cáceres 2008, “Curso A Gaita no Barroco Francés”, Ferrol 2009 por Paulo González, “Curso de Música Plana: Teoría Melódica nos Séculos XVI e XVII”, Vigo 2009 por Pedro Sousa.

Na actualidade, é integrante do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Banda de Gaitas Xarabal de Vigo, compaxinando á súa vez os estudos de grao superior de Musicoloxía e a labor de mestre na escola de música da "Agrupación musical de Goián"