
Goián, e unha parroquia situada no SO
da comunidade galega.
Limita
ó N. con Figueiró, ó S. con Eiras (O
Rosal) e o Rio Miño, ó E. con este
mismo río e ó O. co municipio do
Rosal. Trátase de núcleo urban, polo
que as entidades de poboación
corresponden a rúas . Posúe un
embarcadoiro para o ferry, que
comunicaba con Portugal ata que no ano
2005 foi inagurada a Ponte
internacional da “Amizade”. O seu
monte principal é o Niño do Corvo
(Serra de Argallo), que a separa do
Rosal. Báñaa o río Miño, o río Tollo e
o
arroio Cerrada.
Na
actualidade estes son os habitantes de
Goián distribuidos por rúas:
|
Entidades de poboación |
Nº habitantes 2007 |
|
Avenida Brasil |
133 |
|
Avenida Ordóñez |
343 |
|
Calle (A) |
88 |
|
Centinela |
271 |
|
Couto |
101 |
|
Fontela |
214 |
|
Gándara |
211 |
|
San Lorenzo |
103 |
|
Soutelo |
128 |
|
Tollo |
344 |
|
Total: |
1.936 |
O
primeiro documento escrito co nome de
Goián que atopamos data do 7 de
setembro do ano 1258, nun manuscrito
do mosteiro de Santa María de Oia no
que cita “in ipsa villa de Goyham”
. Pero parece ser que o nome de Goián
e de orixe Xermano, sendo este o de
“Gaudila”.
En
Goián conservanse varios petroglifos,
un pazo señorial que partencia a
familia dos Correa e unha fortaleza
construida no ano 1673 baixo o reinado
ed Carlos II e a sua nai dona Mariana
de Austria.