|
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ata o 30 de Setembro de 2008.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-
Por e-mail: bandagoian@bandagoian.com / bandagoian@hotmail.com
- Por correo ordinario: "Agrupación Musical de
Goián" Apartado de correos Nº 13, 36750 Goián (Pontevedra)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Curriculum Vitae, acompañando fotocopias compulsadas da documentación aportada. - Fotografía. - Proxecto de traballo para a Escola de Música coa súa organización e coordinación.
CONDICIÓNS DE TRABALLO:
- Ofrécese contrato laboral por un ano, con posibilidade de ampliación, cun periodo de proba de 6 meses.
- A persoa contratada deberá realizar, como mínimo, dous ensaios
semanais coa banda de música "Agrupación Musical de Goián" sendo estes
venres e sábados. - Levará a direción e organización da escola de música. - Terá que reunirse como mínimo unha vez cada dous meses coa xunta directiva e o profesorado de dita agrupación. - Deberá impartir clases na especialidade do seu instrumento.
SELECCIÓN DE CANDIDATOS:
- Os candidatos deberán pasar unha entrevista persoal coa xunta
directiva, e os seleccionados estarán un mes de proba, no que teran que
dirixir como mínimo, un concerto no que aproximadamente o 50 % do repertorio sexa de estrea.
Goián 20 de Agosto de 2008. A Xunta Directiva.
|