Javier Oliveira Blanco
Nace en O Carballiño no ano 1984. Comezando ós 14 anos os seus estudos musicais na especialidade de bombardino no "Conservatorio municipal" de O Carballiño co mestre D. Víctor Alonso Treinta trasladandose no ano 2003 ó "Conservatorio profesional de música" de Vigo, onde no 2008 obten o título de mestre de tuba baixo a tutela de D. Juan Carlos Díaz Álvarez.
Fixo cursos de perfeccionamentos cos máis prestixiosos mestres e solistas como:Steven Mead (solista internacional), Matt Tropman (bombardino solista da banda de música da "Casa blanca" U.S.A.), Lorenzo Castro (Bombardino solista da banda de música municipal de A Coruña), Antonio Rodríguez (profesor do conservatorio profesional de música de Vigo), Ignacio Fernández (Profesor do conservatorio superior de música de A Coruña) entre outros.
Colaborou con diversas agrupacións musicais como Agrupación musical de O Rosal, Banda de música municipal de Ourense, Banda de música de Candeán, Unión musical de Meaño, Banda de música do conservatorio profesional de música de Vigo... obtendo numerosos premios nacionales e internacionales.
Realizou diferentes cursos de dirección de banda con mestres de prestixio internacional como José Rafael Pascual Villaplan, crea o quinteto de metais "Lira brass quintet" sendo durante 4 anos subdirector da banda de música "La Lira" de Ribadavia..
Na actualidade estuda grado superior de tuba no "Conservatorio superior de música" de Vigo co mestre D. Jonathan Vázquez , dende o ano 2006 faise cargo da escola de música e da banda de música de Lobios (Ourense), e é mestre de metal grave na escola de música da "Agrupación musical de Goián", agrupación a cal pertence.