O Auditorio multiusos de Goián,  situado na rua O regatiño s/n 36750 Goián, foi inaugurado o 17 de maio do ano 2003 e está equipado  cunha sala de concertos (a cal todos os músicos que tocaron nela fixeron moi bos comentarios da súa acústica) cun amplo escenario, esta sala conta con 348 localidades no que teñen actuado todo tipo de agrupacións e artistas soistas: Mercedes Peón, Filipe Queiroz (tubista da OMWO), Orquestra Sinfónica de Melide, Orquestra Sinfónica do Conservatorio profesional de Música de Vigo, Banda Sinfónica do Conservatorio profesional de Música de Vigo, Banda-Escola de Música de Beade, Agrupación Musical de O Rosal…..

Tamén dispon de camerinos, aseos, almacén, sala de proxeccións, oficina da Agrupación Musical de Goián, sala para a 3ª idade e unha cafetería (en proxecto).

A Escola de Música tamén está no multiusos xa que se imparten todas as clases tanto de instrumento como de linguaxe musical nestas instalacións.