CONVOCATORIA PARA A PRAZA DE DIRECTOR DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN E A SÚA ESCOLA DE MÚSICA
 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

     - Ata o 30 de Setembro de 2008.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

   - Por e-mail:     bandagoian@bandagoian.com / bandagoian@hotmail.com

   - Por correo ordinario:     "Agrupación Musical de Goián" Apartado de correos Nº 13, 36750 Goián (Pontevedra)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

   - Curriculum Vitae, acompañando fotocopias compulsadas da documentación aportada.

   - Fotografía.

   - Proxecto de traballo para a Escola de Música ca sua organización e cordinación.

CONDICIÓNS DE TRABALLO:

   - Ofrecese contrato laboral por un ano, con posibilidade de ampliación, cun periodo de proba de 6 meses.

   - A persoa contratada deberá realizar, como mínimo, dous ensaios semanais ca banda de música "Agrupación Musical de Goián" sendo estes venres e sábados.

   - Levará a direción e organización da escola de música.

   - Terá que reunirse como mínimo unha vez cada dous meses ca xunta directiva e o profesorado de dita agrupación.

   - Deberá impartir clases na especialidade do seu instrumento.

SELECCIÓN DE CANDIDATOS:

   - Os candidatos deberán pasar unha entrevista persoal ca xunta directiva, e os seleccionados estarán un mes de proba, no que teran que dirixir como mínimo, un concerto no que o 50 % sexa de estrea.

Goián 20 de Agosto de 2008.

A Xunta Directiva.