XI ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

 

O vindeiro 27 de xuño, ás 20:00 horas no auditorio de Goián, a "Agrupación musical de Goián" celebrará o seu "XI aniversario", e como non, a mellor forma de celebralo e con música, por iso farán un concerto onde interpretarán obras de diferentes estilos musicais: "Pablo Barreiro" un pasodobre galego do compositor de Xinzo José Luis Represas, "Pilatus: Mountains of dragons" de Steven Reineke, "El baile de Luis Alonso" extracto da zarzuela do mesmo nome e co compositor G. Giménez...