PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Francisco Alfaro Comesaña

Nace en Vigo no ano 1982. Á idade de 8 anos inicia os estudios musicais no seo da escola de música da “Unión Musical de Coruxo”. Estudiou oboe cós mestres Juan Iglesias Ramilo, Esteban Vaquero Baquero e Rosa María Rey Varela. Realizou cursos de especialización musical a cargo do mestre Pedro García Larroque.

Foi membro fundador do quinteto de vento “Ars Longa”. Dende o ano 2002 ata o 2006 desempeñou o papel de oboe solista na “Orquesta Clásica de Vigo”, na que tamén desenvolveu labouras de directivo. Colabora con bandas da provincia de Pontevedra, e actuou varias veces como reforzo en certames de Pontevedra e Valencia.

Foi Mestre de Oboe, Conxunto Instrumental e Audicións Comentadas na escola de música da “Unión Musical de Coruxo”. Actualmente é mestre de Oboe nas escolas de música das bandas “Ateneo Musical de Bembrive”, “Lira de San Miguel de Oia” e “Agrupación Musical de Goián”.