PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Nuria Zúñiga Fernández

Nace en Nigrán no ano 1986 e está diplomada en Magisterio Musical pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

Ós 8 anos, comeza os seus estudios de saxofón e solfexo na escola de música do concello de Nigrán. Realiza o grao elemental no Conservatorio de Gondomar, e ó mesmo tempo, ano 1998, pasa a formar parte da Agrupación Musical de Belesar, da que foi membra fundadora, co mestre Javier Domínguez Millán.

Ingresa máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde remata os estudios de Grao Medio, obtendo o Título Profesional de Musica, na especialidade de saxofón.

 Realiza cursos de perfeccionamento de saxofón cos mestres Ignacio Casas, Pablo Coello, Diego García, Rafael Yebra e Narciso Pillo. Ademáis tamén realiza un curso de análise co mestre Pablo Beltrán.

 Foi membro do cuarteto de saxofóns BsaxB, fundado durante os seus estudios de grao medio no Conservatorio Profesional de Vigo.

 Participa no I Encontro de Bandas Sinfónicas dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia, realizando concertos en A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra.

 Na actualidade forma parte da Agrupación Musical de Goián.

 Dende hai anos, tamén colabora con diversas bandas do sur de Galicia,como por exemplo a Agrupación Musical Lira de S. Miguel de Oia, Banda de Música de Salcedo (Pontevedra), etc.

Actualmente imparte clases de "Música en movemento" na escola da "Banda de Música de salcedo" en Pontevedra e de saxofón na escola de música da "Agrupación Musical de Goián".