PROFESORADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN

Andrés Álvarez Hernández

andresNace en Goián no ano 1983. Comeza os seus estudios musicais co mestre Juan Carlos Díaz Álvarez no seo da "Agrupación musical de Goián", da cal é membro fundador. No ano 2002 ingresa no "Conservatorio Superior de Música de Vigo" para estudiar trompeta con José Vicente Simeó Máñez, obtendo o título profesional desta especialidade en 2008.

Acude a cursos de perfeccionamento de trompeta con Enrique Rioja Lis (Trompeta solista da "Orquestra de R.T.V.E.), Juanjo Serna e Carlos Benetó (Trompetas do quinteto de metais "Spanish Brass Luur Metalls"), Fred Mills (Extrompetista de "Canadian Brass", Bo Nilsson (Trompeta solista da "Orquestra Sinfónica de Malmö, Suecia"), Filipe Queirós (Tuba da "OMWO"), Luis González (Trompeta solísta da O. S. M:), Javier Simó Echarte (Trompeta solista da "Real Filharmonía de Galicia") entre outros.

Asiste a clases de análisis, harmonía e contrapunto con Pablo Beltrán Sobrado, Juan Manuel Eiras Tojo (ambos profesores de composición no "Conservatorio Superior de Música de Vigo") e de composición con Ángel A. Montes (mestre no "Conservatorio Profesional de Música de Vigo" e compositor). Tamén asiste a cursos de dirección de banda e orquestra con Javier Viceiro e Lose rafael Pascual Villaplana.

Como trompetista colaborou coa "Orquestra Sinfónica de Xixón", participa no "I Encontro de Bandas Sinfónicas dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia", realizando concertos en A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra baixo a experta batuta do mestre Jan Cober. Formando parte da "Banda do Conservatorio Profesional de Música de Vigo" gaña o certame nacional "Acordes" baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez e organizado por "Caja Madrid" no auditorio do "Conservatorio Eduardo Martínez Torner de Oviedo".

Na actualidade é membro da "Agrupación Musical de Goián" coa que acadou un segundo premio e dúas mencións de honra, nas edicións III, IV e VI respectivamente do "Certame Provincial de Bandas de Música" da provincia de Pontevedra. Tamén é membro da "Banda Sinfónica da FGBMP" e colabora coas bandas do sur de Galicia e do norte de Portugal.

Imparte clases de vento-metal na escola de música da "Agrupación Musical de Belesar" (Baiona) e desta especialidade máis de solfexo na escola de música da "Agrupación Musical de Goián", na que ocúpase tamén da súa banda infantil. Neste intre completa o grao superior de composición no "Conservatorio Superior de Música de Vigo", e traballa coma técnico de son.

Como compositor inicia o seu catálogo no ano 2005, e dende esta data compón para orquestra, música de cámara e banda de música. "Gaudila" unha fantasía galega realizada en marzo de 2007 e seleccionada como obra obligada para a 3ª sección do "VII Certame Provincial de Bandas de Música" que organíza a Excelentísima Deputación de Pontevedra, "Terra de Oestrimnios" (2008) é unha rapsodia galega finalista no "I Concurso Galego de Composición" organizado pola "Federación Galega de Bandas de Música Populares" e a "Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e obra obligada no "II Certame Galego de Bandas de Música".